Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 122
Idioma: Galego
Código de barras: 9788493733049
ISBN: 978-84-937330-4-9
Cos peitos desenchufados
Editora: Edicións Barbantesa
12,00€
Cos peitos desenchufados é unha nova viaxe literaria baseada na imaxe poética, na súa forza e nas posibilidades da palabra. A reciclaxe, a cirurxía e a logotecnia compoñen un eu poético permeable e complexo que só atopa a súa razón de existencia na creación dunha linguaxe propia.
O autor traza un tango na distancia, poemas para ácratas e hedonistas da palabra que funden ámbolos extremos do Atlántico Norte, creando novos horizontes no galego.





