Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 227
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-89323-73-5
Bretemada 1917-1922 [libro inédito]
Editora: Alvarellos Editora
UN POEMARIO INÉDITO DE GONZALO LÓPEZ ABENTE DE 1922
“Un acontecemento literario de altísima importancia”. Así define este achádeo editorial o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, no limiar a Bretemada, o poemario inédito de Gonzalo López Abente , o que hai precisamente 40 anos, en 1971, se lle dedicaba o “Día das Letras Galegas”. O libro foi escrito entre os anos 1917 e 1922 e contén un total de cen poemas. “Bretemada” é unha metonimia de Galicia.
O mecanoscrito orixinal pertence á Real Academia Galega. O profesor e poeta Miro Villar é o responsable do estudo introdutorio e o coidado da edición. Esta obra está editada conxuntamente coa Fundación Gonzalo López Abente e integra a Colección Rescate, unha colección que recibiu o Premio da Edición de Galicia en 2008 como “Mellor obra editorial do ano”.





