Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Antítese nativa

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2010
Nº de páxinas: 82
Idioma: Galego
Código de barras: 9788493798604
ISBN: 978-84-937986-0-4

Antítese nativa

Manuel L. Rodrigues

Editora: Acha Escrava

13,95€

Unha situación extrema, unha terra esmorecendo (ou esmorecida)... O zunido dos viraventos imposibilitando o sono cada vez que pousamos a orella o chan. A organización social en tribos. O espectro que toma como propios os xacementos da sociedade da intuición.

En Antítese nativa, os personaxes percorren o territorio nun exercicio de gnose; dialogan cos petróglifos e a chatarra ciscada por todas partes... o fogar é irrecoñecíbel.

O libro ten influencias da recreación espacial de H.G. Wells e Jules Verne na ficción ou de Giuseppe Penone en escultura, na praxe fenoménica New Age que está por todas partes no poemario, o anarquismo primitivista (as imaxes de Carpentier ou de Sèdar Senghor), a revelación bíblica, Yves Bonnefoy , ou a síntese contraría ao que se podería denominar "acto do que nace", do que está por vir...

Quizabes algún día, vexamos cos nosos propios ollos as imaxes que aquí se encontran, aínda que, ben é certo... non semella todo isto, o éxodo presto a comezar?