Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2011
Nº de páxinas: 352
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-92866-24-3
Purga
Editora: Rinoceronte Editora
Tradución: Tuula Ahola
Premio de Literatura do Consello Nórdico e Premio á mellor novela europea do ano.
Esta historia está ambientada na República de Estonia do século XX, ocupada primeiro polos nazis e sometida despois polos soviéticos. O relato das protagonistas: Aliide Truu, anciá solitaria que agocha terribles segredos, e Zara, rapaza rusa vítima do tráfico de mulleres, enlázase nos sucesivos capítulos coa historia real do seu país que viviu baixo unha ditadura.
A autora, Sofi Oksanen, achégase ao lector europeo, español e galego coas vivencias dos seus personaxes; as vexacións que sofren estes, que teñen que fuxir ou agocharse en estancias ocultas para non ser descubertos, sen dúbida nos lembrará o sucedido na guerra civil española. Así mesmo, as vivencias dunha das protagonistas como vítima do tráfico de persoas, proporciónanlle á obra un aire actual, xa que se trata dun conflito do que temos noticias todos os días. Reflíctese, ao longo da obra, o relato da traxedia sufrida pola poboación estonia e polas protagonistas, vítimas da violencia extrema, que transcorre entre traizóns, humillacións e medo.
Sofi Oksanen recibiu con Purga, libro revelación desta década, os premios máis prestixiosos do seu país, ademais do Premio de Literatura do Consello Nórdico e o Premio á mellor novela europea do ano. Esta obra, que provocou un entusiasmo unánime en toda Europa, leva vendidas miles de copias en todas as linguas en que foi publicada.





