Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O señor Ibrahim e as flores do corán

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2007
Nº de páxinas: 64
Idioma: Galego
Código de barras: 9788496957091
ISBN: 978-84-96957-09-1

O señor Ibrahim e as flores do corán

Eric-Emmanuel Schmitt

Editora: Faktoría K de Libros
Tradución: Emma Lázare Rodríguez

10,00€

Unha mañá, antes de marchar para o instituto, meu pai dixérame:
–Moisés, non o entendo... Faltan cartos... a partir de agora, escribirás no caderno da cociña todo o que gastas na compra.
Así que, non bastaba con que me reprenderan tanto no instituto coma na casa, con lavar, estudar, cociñar e facer os recados, non bastaba con vivir só nun gran piso escuro, baleiro e sen cariño, con ser escravo máis ca o fillo dun avogado sen casos e sen muller, senón que tiña que pasar por ladrón! Pois xa que era sospeitoso de roubar, mellor facelo.

Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...
Máis que unha novela, trátase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e afortala a nosa confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudo-paternofilial entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos.