Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O lobo da xente

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2003
Nº de páxinas: 88
Idioma: Galego
Código de barras: 9788487783777
ISBN: 978-84-87783-77-7

O lobo da xente

Alberte Momán

Editora: Edicións Positivas
Colección: Narrativas Quentes

7,00€

II Premio de Literatura Erótica Narrativas Quentes

Non ser consciente do dano que causa o silencio, unha ollada perdida e aboiando no subconsciente que violenta sempre a víctima e verdugo. Calibrar as reaccións segundo o pánico como causalidade, o medo a ser, a mirar dentro de nós mesmos, a aceptar todo canto somos sen importar os pasos a dar por ese novo camiño, libre. Sen apreciar toda a sexualidade asumida nun sentimento disposto a ser o eco dun mesmo, sen medo. Ser incapaz de mirar ao exterior o xusto para non mancarse, e de rebelarse cando este non cumpra o seu cometido, o de ser soporte da diversidade. Falamos do que permanece sempre alí onde máis doe.