Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O gran Meaulnes

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 234
Idioma: Galego
Código de barras: 9788415166061
ISBN: 978-84-15166-06-1

O gran Meaulnes

Alain Fournier

Editora: Edicións Morgante
Tradución: Camiño Noia

16,00€

Un debuxo da adolescencia coas súas inquietudes, desexos e aventuras.

François Seurel narra a súa chegada a Sainte-Agathe, unha pequena vila francesa, a finais do século XIX. Tímido e sensible, leva unha vida tranquila ata que se hospeda na súa casa Augustin Meaulnes. Rodeado de misterio e posuidor dunha forte personalidade, o «Gran Meaulnes» –como o alcumarán os seus compañeiros– é o soño materializado da adolescencia de François. As aventuras comezan a sucederse sen demora cun estilo suxestivo e hábil, sementando misterios, que crearán un vínculo de amizade moi intenso entre Seurel e Meaulnes. A trama vaise desenvolver ao redor dun roubo dun carro, que provoca que Meaulnes se afaste da vila e atope un castelo onde se celebra unha festa á que se une animado por uns nenos estraños, semellantes a uns trasnos. As seguintes escenas (aventuras, namoramento…) sucederanse nun ambiente máxico próximo aos contos de fadas. O auténtico desafío da novela é a loita pola madurez.