Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2007
Nº de páxinas: 96
Idioma: Galego
Código de barras: 9788493522322
ISBN: 978-84-935223-2-2
O alento da musa
Editora: Difusora
14,50€
A premisa de que as grandes historias da literatura poden comezar detrás dunha caixa rexistradora serve de escusa para presentar esta breve pero intensa amálgama de vidas frustradas, vítimas da necesidade. Unha visión optimista que mostra a non conformidade dos personaxes con todo canto lles acontece, para deixar de seren vítimas, pasando a controlaren o propio destino. O libro inclúe, conxuntamente co exemplar, o caderno de poemas Déixanse levar, do mesmo autor.





