Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Cuspirei sobre as vosas tumbas

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2007
Nº de páxinas: 144
Idioma: Galego
Código de barras: 9788496957084
ISBN: 978-84-96957-08-4

Cuspirei sobre as vosas tumbas

Boris Vian

Editora: Faktoría K de Libros
Tradución: David Gippini

13,00€

Ninguén me coñecía en Buckton. Clem elixira a cidade por iso; e, de todos os xeitos, mesmo se me acovardaba, non me quedaba gasolina dabondo para continuar cara ao norte. Cinco litros escasos. Xunto co meu dólar e a carta de Clem, todo o que tiña. Da miña maleta, mellor nin falar. Total, para o que había dentro. Esquecíao: tiña tamén no cofre do coche o pequeno revólver do rapaz, un triste 6,35 de ocasión; aínda o levaba no peto cando o shériff veu dicirnos que levaramos o corpo á casa para enterralo.

O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.
Boris Vian escribiu “J’irai cracher sur vos tombes”, novela sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra, en 1943. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo que aínda hoxe acompaña a súa lectura, non recomendada para menores de 18 anos.
De ritmo áxil, linguaxe suxerente e directa, a intriga e a dureza do relato atrapan a atención dos lectores e lectoras, que verá posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Saltándose todos os límites do politicamente correcto, esta “historia dunha vinganza” aporta unha visión diferente e mordaz sobre o fenómeno do racismo, ao tempo que rezuma a rabia, o odio e a carraxe das súas víctimas.