Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Cando o gato mira de esguello

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 312
Idioma: Galego
Código de barras: 9788415166283
ISBN: 978-84-15166-28-3

Cando o gato mira de esguello

Xe Freire

Editora: Edicións Morgante

18,00€

Xe Freyre preséntanos en Cando o gato mira de esguello a Gaspar Soutullo de Batitalas e Combarro, a quen ninguén tiña por home de bo siso. Algúns dicían que certas quenturas sufridas cando neno lle deixaran como espetada entre as cellas unha eiva que lle impedía rexer ben; outros eran do parecer de que a fonte dos seus males viña de máis atrás, do mesmo nacemento, cando á parteira da Senra lle esborrexera o meniño e esnafrara contra o chan do dormitorio do pazo da Rúa Nova. El mesmo, consciente da súa excentricidade, entendía que co aquel do seu nome non se podía ser doutra lei. Aínda así, se nalgunha cousa uns e outros estaban de acordo, era en que unha estela se lle atravesara nos miolos e non lle deixaba caletrar de xeito.