Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 160
Idioma: Castelán
Código de barras: 9788496957954
ISBN: 978-84-96957-95-4
Así nacen las ballenas
Editora: Faktoría K de Libros
Tradución: Laura Almazán
II PREMIO REPSOL YPF DE NARRATIVA BREVE 2007
PREMIO ARCEBISPO SAN CLEMENTE 2009
Estorninos, grillos, un silencio blanco, una vocal que decide salir disparada de una frase y se estrella contra las paredes encaladas y el suelo de baldosas de barro...
Unha muller nova regresa á casa para visitar a súa nai, enferma, logo de vivir varios anos lonxe da súa familia. Deberá enfrontarse a un destino contra o que intentara rebelarse primeiro, e fuxir despois, pero axiña comezará a recuperar os sentimentos que cría esquecidos.
Estamos ante a historia dunha liberación a través dunha ollada feminina; unha viaxe ás orixes de quen volve ao seu pasado como única posibilidade de entender e de vivir o presente. A protagonista terá que reconciliarse coas súas pantasmas familiares e tomar unha decisión que afectará ao seu futuro e á súa forma de ver a vida.
“Así nacen las ballenas” foi a obra coa que Anxos Sumai recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF en 2007. Esta novela destaca pola súa gran calidade literaria e polo estilo cercano co que a autora observa o máis cotiá, amosándonos mediante a súa visión, especial e sensible, un mundo sen prexuizos no que a busca da liberdade e doutra forma de vivir, pode ser posible. Anxos Sumai conta a historia cunha linguaxe narrativa na que metáforas, personaxes e relato conflúen para describir ese mundo particular, no que se mesturan sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e biografía.





