Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Anxos do universo

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2006
Nº de páxinas: 276
Idioma: Galego
Código de barras: 9788493480141
ISBN: 978-84-934801-4-1
Ref.: 4

Anxos do universo

Einar Már Gundmundsson

Editora: Rinoceronte Editora
Colección: Contemporánea. Rinoceronte
Tradución: Elías Portela

18,50€

A cabalo entre a ficción e a biografía do propio irmán do autor, Anxos do universo narra a transformación de Páll, un mozo islandés, cando comeza a desenvolver unha enfermidade mental que acabará coa súa vida. Gudmundsson aborda este tema tan delicado como aterrador cunha elegancia e un lirismo excepcionais. O seu estilo é sinxelo e cotián, e as súas imaxes permítenlle ao lector entrar nunha atmosfera na que a máis crúa realidade se mestura coa loucura. A sobriedade islandesa adquire tintas de realismo máxico ao tempo que o autor retrata esta sociedade e critica a súa hipocrisía egoísta e clasista, na que o protagonista non dá atopado o seu lugar. Na literatura herdeira das sagas xorde un protagonista inusual, privado do dereito a elixir o seu destino, mais que loita por levar a súa vida ao seu xeito, aínda que a súa historia, de principio a fin, semelle que non foi máis cá brétema dun soño.