Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de A estrada

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 192
Idioma: Galego
Código de barras: 978-84-96957-80-0
ISBN: 978-84-96957-80-0

A estrada

Cormac McCarthy

Editora: Faktoría K de Libros
Tradución: Eva Almazán

18,00€

PREMIO PULITZER DE FICCIÓN 2007
PREMIO JAMES TAIT BLACK MEMORIAL 2006
FINALISTA DO PREMIO NATIONAL BOOK CRITICS CIRCLE 2006

“A estrada” é a crónica conmovedora dunha viaxe de supervivencia que imaxina un futuro sombrío. Un futuro explorado nos filmes e obras literarias que se teñen internado no mundo posterior a unha catástrofe nuclear. Cormac McCarthy volve sobre o tema e converte a ficción nunha obra impactante, onde está presente o mellor e o peor da condición humana. A lectura provoca unha pregunta desasosegante: son posibles o amor e a esperanza no medio da barbarie inhumana e da devastación total?

Destaca tamén o protagonismo da paisaxe: un ceo sempre gris onde nunca se ve o sol, os ríos negros, un frío intenso, a escuridade e o eterno silenzo. Publicada en 2006, “A estrada” é unha das obras deste autor máis recoñecidas internacionalmente; a súa tradución ao galego supón un fito relevante.