Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 98
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-89323-41-4
30 gramos
Editora: Alvarellos Editora
Tradución: Ramón Nicolás
A primeira obra publicada en Galicia do artista conceptual portugués Leonel Moura. Un libro fascinante do creador da “poesía robótica” que combina novela negra, ensaio, diario íntimo, e todo un manifesto sobre a arte máis subversiva do século XX.
Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro.
Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio...), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX.
Traducida do portugués ao galego polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás.
» Ver dossier de prensa. Inclúe entrevista ao autor
» Ver o primeiro capítulo da obra





