Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Turandot

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2008
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484647041
ISBN: 978-84-8464-704-1

Turandot

Joan de Déu Prats

Ilustración: Pep Montserrat
Editora: Kalandraka

21,99€

Giacomo Puccini

Era unha hora incerta. A hora na que o sol xa se ocultara tras o horizonte pero aínda non asomara a lúa. Durante aquel intre de tempo irreal, numerosas sombras, coma chamas negras, aproximábanse á ampla praza onde se achaba o palacio imperial. Os fachos que rodeaban aquel gran recinto iluminaban coa súa feble luz todas esas sombras: o pobo de Pequín, que se amoreaba para presenciar un macabro espectáculo... o espectáculo dunha execución.