Inicio > Libros > Musical > Tui
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2009
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 52
Idioma: Galego
Código de barras: 8437004660381
ISBN: 978-84-612-7876-3
Ref.: VR1109
Tui
Editora: Ouvirmos
Colección: Itinerarios Histórico-Musicais
Este libro-disco presenta unha visita a través das rúas e da historia musical da cidade na que naceu Frei Rosendo Salvado. Compositor e intérprete do século XIX que deu os seus primeiros pasos na catedral de Tui, e que posteriormente levaría a súa música até a misión que fundou en Australia. No templo tudense consérvanse numerosas xoias artísticas, entre elas, unha chirimía inglesa do século XVIII que dá conta do extraordinario pasado musical da catedral. Ademais, Tui é a cidade dos primeiros Xogos Florais da historia celebrados integramente na nosa lingua o 24 de xuño de 1891, así como o lugar, onde probabelmente se escoitou a música do famoso «gaiteiro de Guillarei» retratado polos fotógrafos Zagala e Pedro Ferrer.





