Inicio > Libros > Musical > Once máis 15
Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2009
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 64
Idioma: Galego
Código de barras: 9788482892702
ISBN: 978-84-8289-270-2
Once máis 15
Editora: Edicións do Cumio
Participan: Anxo Rei, Ataque Escampe, Fanny e Alexander, Nao
Libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual. Versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables.
O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan.
- "Se has de chorar" de Alfonso Pexegueiro por zimmer103
- "Nos ollos teus" de Álvaro Cunqueiro por Miguel Alonso
- "Ningún lugar seguro" de Antón Lopo por Ataque Escampe
- "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro por Miguel A.Suárez
- "Non" de Celso Emilio Ferreiro por Xurxo Mares
- "Autopoética in progress" de Daniel Salgado por Fanny e Alexander
- "Cantarche hei amiga" de Darío Xohán Cabana por Anxo Rei
- "A dama que fala" de Rompente por Roberto Sobrado e banda
- "Cunetas"de Luís Pimentel por Snail
- "Ai!" de Manuel Curros Enríquez por Meiga do Norte
- "A Rosalía de Castro" de Manuel Curros Enríquez por Julian Ross
- "Outono" de Manuel María por David Taboada
- "Canción para cantar tódolos días" de Manuel María por Elanor
- "Cantan os galos pro día" de Rosalía de Castro por Fucoxabier
- "A xustiza pola man" de Rosalía de Castro por Nao





