Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2008
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 39
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484646860
ISBN: 978-84-8464-686-0
O elixir do amor
Ilustración: Adrià Fruitós
Editora: Kalandraka
21,99€
Gaetano Donizetti
Unha tarde de verán o sol ardía sobre os trigais dos arredores dun pobo do País Vasco. Os segadores deixaran de traballar e descansaban á sombra dunha árbore grande e vizosa perante as portas dunha facenda. Entre eles atopábase Giannetta, unha moza do lugar espelida coma un allo e a quen non se lle escapaba detalle ningún. Adina, a propietaria da facenda, estaba sentada un chisco máis alá e lía nun libro atentamente...





