Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2006
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484646136
ISBN: 978-84-8464-613-6
O barbeiro de Sevilla
Ilustración: Miguel Gallardo
Editora: Kalandraka
Gioacchino Rossini
Hai moito tempo, na cidade da Giralda, a Torre del Oro e o Guadalquivir, produciuse un duelo singular. Enfrontábanse a astucia dun barbeiro que desexaba axudar a un namorado, coa tiranía dun vello titor que mantiña pechada baixo sete chaves unha fermosa doncela.
Esta obertura é unha das máis famosas que se teñen escrito da ópera bufa, popularizada tamén porque se empregou como banda sonora de películas cómicas. A composición transpórtanos ata a cidade de Sevilla, en pleno século XVIII. Fígaro é un barbeiro moi pillabán que recibe un encargo do conde Almaviva para que acceda á casa de Bartolo, un doutor moi severo que acolle a una bela moza chamada Rosina, da que está namorado.





