Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Formato: Libro+CD+DVD
Nº de páxinas: 84
Idioma: Galego, Portugués, Outros
Características: Encadernado en cartoné.
6x16 cm.
Código de barras: 9788484647522
ISBN: 978-84-8464-752-2
Na punta do pé
Ilustración: João Vaz de Carvalho
Editora: Kalandraka
Participan: Guadi Galego, Cantigas e Agarimos, Pedro Pascual, Mercedes Prieto Martínez, Susa Herrera, Montse Rivera, Uxía Cribeiro
“...Impresionoume a capacidade de sedución destes materiais, o rapidamente que eran aprendidos por un grupo numeroso de persoas de diversas idades e procedencias profesionais, e a orde didáctica que permitía a maxia de que nuns minutos todos e todas estivésemos cantando e bailando ao unísono” (Susa Herrera)
“Na punta do pé” é un libro-CD-DVD que anima aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito ameno, divertido e participativo. Comprometidos coa recuperación da cultura lúdica e activa das festas e verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á creación desta obra para que sexa compartida por público de todas as idades, logrando ademais un material cunha potente dimensión educativa para o seu aproveitamento nas aulas.
No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4 versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.
Pesdelán xorde en 2008 da unión de prestixiosos músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe). Trascendendo o concepto do grupo musical convencional, Pesdelán fai unha proposta novidosa e atrevida, valéndose da música en vivo e do ensino de xogos e bailes sinxelos, substituíndo a idea do público espectador e pasivo pola dun público activo e participante, e pasándoo ben.
João Vaz de Carvalho (Fundão, 1958) é un dos ilustradores máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal, cunha traxectoria inzada de premios internacionais. A súa achega plástica apórtalle colorido, frescura e simpatía a esta obra multidisciplinar.
Textos: MERCEDES PRIETO e MONTSE RIVERA
Prólogo: SUSA HERRERA
Ilustracións: JOÃO VAZ DE CARVALHO
PESDELÁN: Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera, Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores, Amando Gottardi
COLABORACIÓNS: Bea Díaz, Guadi Galego, Pedro Pascual, Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Miguel Barriga, Patricia Rivera, Julián Romero, Iago Carro, Mariña Vidal, Jairo Quitiá, familia Paz Noya, Centro Cultural A Ponte Vella, Concello de Teo, Fundación Cidade da Cultura de Galicia
■ Temática: libro-CD-DVD de música e baile tradicional galego-portugués
■ Público recomendado: todas as idades
■ Aspectos destacables: o libro contén glosario de pasos de baile, descrición escrita e visual dos pasos, explicación de como se baila cada peza e partitura musical; contén CD cos temas musicais e DVD con demostracións dos bailes; imaxes do ilustrador do libro “28 historias para rir” (KALANDRAKA)
■ Aplicacións: educación musical; cultura tradicional; lecer
■ Relación de pezas: O pingacho – Un pasodobre? – O pezinho – O garutiño – A cirigoça – Valse para unha morena – O xogo da carrasquiña – Baião – O vello mentireiro – A caminho de Viseu – Muiñeira – A pulga na palla





