Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Galicia canta ao neno

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 1979
Nº de páxinas: 101
Idioma: Galego
ISBN: 84–85311–30–2

Galicia canta ao neno

Fuxan os Ventos

Editora: Alvarellos Editora
Colección: En Clave de Fa

10,00€

Música popular galega I

Trinta e catro vilancicos populares: letra, partitura musical e comentarios de cada un deles a cargo do histórico Colectivo Fuxan os Ventos. Este é un dos primeiros títulos publicados en Alvarellos Editora, presente aquí na súa primeira edición. Un traballo coordinado polo crego do Cebreiro, Xesús Mato. Inclúense nel cantos coñecidos por todo o pobo como “Con un sombreiro de palla”, “Aló entre as pallas”, “Meu carrapuchiño”, “Guedellos de cabra”, etc.

No Limiar, afirmase:

"Amigos, tedes nas vosas mans un pequeno libro, cheo de vilancicos populares galegos. Uns poucos entre os milleiros que o pobo galego, co seu inxenio, soubo facer e conservar. Tedes nas mans tamén unha pequena ilusión compartida por moita xente que nos axudou a fozar aquí e aló para podermos chegar a ter o que aquí amosamos e o que temos gardado, esperando dispor de tempo para espallalo e devolvelo ao pobo, de onde saíu".