Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 184
Idioma: Galego
Código de barras: 9788498654059
ISBN: 978-84-9865-405-9

Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba

Manrique Fernández

Editora: Editorial Galaxia

24,00€

Contén CD

A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD

Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo e, sobre todo, compositor. O seu incansable traballo entre as liñas do pentagrama deixou un froito innegable, a súa versatilidade compositiva levouno a crear un catálogo que sobrepasa os seiscentos títulos. Óperas, sinfonías, un réquiem, cantatas, oratorios...

Diabolus in musica é un libro de conversas que repasa a súa vida, os seus afáns como músico, a súa visión do mundo e da cultura. A función social da música, a educación musical e a relación do compositor coa súa Terra.