Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2010
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 172
Idioma: Galego
Código de barras: 9788461396139
ISBN: 978-84-613-9613-9
Ref.: PAI-F-10/067
Cores do Atlántico
Ilustración: Quique Bordell
Editora: Pai Música
Participan: Uxía, Leilía
Cores do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro Lira. Ilustrado por Quique Bordell.
Unha iniciativa da compositora brasileira Socorro Lira, o proxecto nace no ano 2006 co inicio da súa pesquisa sobre as cantigas de amigo paralelísticas, para a edición dun CD con versións cantadas de parte deses textos conservados. Ampliado e no formato de libro-disco, foi publicado en 2010, en galego e portugués, por Ponte...nas Ondas! e PAI Música, en España e Portugal.





