Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 136
Idioma: Galego
Características: De 7 anos en diante
ISBN: 978-84-9914-164-0
Xoa
Ilustración: Rodrigo Chao
Editora: Edicións Xerais
12,00€
Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas. E é que había tempo que naquel lugar non viña ao mundo unha xoaniña. Os veciños foron un por un darlle os parabéns á nai, que acoleiraba a Xoa con dozura. Todos coincidiron en que nunca unha xoaniña tan feita e tan garbosa adornara o campeiro, e iso celebrárono rillando nuns pulgóns moi sabedeiros escollidos para a ocasión.





