Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Xenaro e o misterio da mochila verde

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2009
Nº de páxinas: 168
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9914-189-3

Xenaro e o misterio da mochila verde

Mar Guerra

Ilustración: Fernando Llorente
Editora: Edicións Xerais

12,00€

Premio Merlín de Literatura Infantil 2008
De 11 anos en diante

A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler.

Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio.

Xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa linguaxe e o humor, esta novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008, ilustrada por Fernando Llorente, foi definida polo xurado como “un trhiller psicolóxico” que desenvolve unha historia cotián de rapaces e rapazas dun centro escolar.

Unha viaxe fascinante ao mundo dos nenos e nenas de hoxe.