Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Xa me tardan estes Magos

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 28
Idioma: Galego
Características: Capa dura
Código de barras: 9788498653908
ISBN: 978-84-9865-390-8

Xa me tardan estes Magos

Mamá Cabra

Ilustración: Kristina Sabaite
Editora: Editorial Galaxia
Participan: Gloria Sánchez, Antón Cortizas, Antonio García Teijeiro, Gloria M. Roel

20,00€

O novo libro-disco de Mamá Cabra

Galaxia publica o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso Ola, ola, la!, por Kristina Sabaite, no que participan importantes poetas galegos, neste caso Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a compoñer letras.

Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.