Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484646969
ISBN: 978-84-8464-696-9
Os petos de Loreto
Editora: Kalandraka
Tradución: Pilar Martínez
A partir de 4 anos
A señora Loreto ten un abrigo
cheo de petos.
Un para o queixo,
outro para os ratos
e, por se alguén ten catarro...

Loreto ten unha chea de petos. Que gardará no seu interior? Un relato rimado, rebordante de colorido, sobre un divertido personaxe que atesoura os obxectos máis inimaxinables.
Sempre rodeada de nenos e nenas, de distintas idades e razas, a señora Loreto é a gran amiga que todos agardan ter porque ten recursos para todo: ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera cousa pode resultar útil nas súas mans, por iso, como por arte de maxia, de todos os recunchos do seu abrigo saen xeados, bucinas ou sombreiros.
Un libro para estimular a imaxinación, coa espontaneidade que caracteriza o estilo do sempre xenial Quentin Blake.
Aplicacións: a utilidade dos obxectos, a imaxinación, orde e desorde, xogos e diversión, a curiosidade e a capacidade de sorpresa, a maxia.





