Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Os lunares de Lola

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2011
Nº de páxinas: 32
Idioma: Inglés , Galego
Características: 22,5x22,5
ISBN: 978-84-938252-1-8

Os lunares de Lola

Xoana Álvarez Martín, Raquel Álvarez García

Ilustración: Xoana Álvarez Martín
Editora: Triqueta Verde

15,00€

Edición bilingüe: galego-inglés

Hai tempo que non chove. O señor Paraugas soña con volver estirar os arames paseando con Lola preto do mar, polo que os seus lunares de cores deciden aventurarse a buscar unha solución…


Esta historia baséase na idea orixinal de Raquel Álvarez García, xurdida nunha tarde de sol en Bonaval. Raquel nace en Santiago de Compostela en 1983. Mestra de Infantil e Educadora Social, pensa que a educación é a chave para cambiar o mundo. Xoana Álvarez Martín deseña as ilustracións e unha adaptación da obra.

Valores: Amizade, empatía e solidariedade. Actuar ante as adversidades e loitar polo cambio. Libro bilingüe como apoio á aprendizaxe de ambas as dúas linguas. Álbum ilustrado que fomenta a aproximación á lectura dos máis pequenos e pequenas.