Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Ola, ola, la!

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2010
Formato: Libro+CD+DVD
Nº de páxinas: 28
Idioma: Galego
Características: Capa dura
Código de barras: 9788498653076
ISBN: 978-84-9865-307-6

Ola, ola, la!

Mamá Cabra, Gloria Sánchez

Ilustración: Kristina Sabaite
Editora: Editorial Galaxia

20,00€

Un novo libro de Mama Cabra, cun conto de Gloria Sánchez e ilustracións de Kristina Sabaite

Galaxia inicia unha nova colección para achegar a música aos máis pequechos e pequechas da casa. O nome xa é ben descritivo Sonárbore. E arrancamos nin máis nin menos que cun librodisco do grupo galego de moda, unha formación que non precisa presentación, Mamá Cabra.

Ola, ola, la! é moito máis ca un libro, pois ten un CD de música para que cantes coas Mamá Cabra, pero tamén para que cantes ti só e, por outra banda, un DVD-Karaoke para que aprendas as cancións e poidas cantalas na compaña dos músicos da banda. Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez. Todo vai ilustrado pola man sabia de Kristina Sabaite.

Unha aposta musical para quen gosta da electricidade máis rítmica a dar voltas polo corpo.