Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Código de barras: 9788492630684
ISBN: 978-84-92630-68-4
O Zombi
Ilustración: Oriol Hernández
Editora: Baía Edicións
Colección: O baúl dos monstros
A partir de 6 anos
Escoller un bo zombi servente é máis difícil do que parece. Iso foi o que pensou o bruxo ao comprobar o zoupón que lle saíu o zombi que lle tocou en sorte.
O Zombi pertence a colección O Baúl dos Monstros, que está integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch.
Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo.
A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos.
Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión.





