Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O tigre que veu tomar o té

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné 22x28 cm. A partir de 7 anos
ISBN: 978-989-8205-47-6

O tigre que veu tomar o té

Judith Kerr

Editora: Kalandraka
Tradución: Xosé Manuel González

15,00€

A partir de 7 anos

:Sofía abriu a porta e atopouse cun enorme, peludo e raiado tigre, que dixo...
–Perdón, estou morto de fame. Podería tomar un té con vós?
A nai de Sofía dixo:
–Pois claro que si, pasa, pasa...


“O tigre que veu tomar o té” é un dos libros máis populares, valorados e vendidos das últimas décadas en numerosos países. O álbum, que data de 1968, converteuse nun clásico contemporáneo co que creceron varias xeracións de lectores. Trátase dun relato ideal tanto para ler en voz alta, como para ser lido de forma autónoma.

Judith Kerr fixo este libro despois de levar ao zoo á súa filla pequena e de contarlle moitas veces a historia deste felino famento. Parte dunha sorpresa inicial, ao comprobar que é un tigre, e non unha persoa, quen se presenta na casa e chama á porta.

Sofía e a súa nai fan de anfitrionas con moita amabilidade y hospitalidade mentres o seu inusual invitado devora non só o té, senón a despensa enteira e mesmo a auga dos canos. O texto destaca pola súa estrutura dialogada, o esquema repetitivo e a enumeración de alimentos dos que vai dando boa conta este tigre voraz. Complétase cunhas ilustracións de estilo clásico e figurativo, onde destacan as esceas familiares e caseiras.