Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné. 22x22 cm.
Código de barras: 9788484647263
ISBN: 978-84-8464-726-3
O tempo voa
Ilustración: Gémeo Luís
Editora: Kalandraka
Colección: Demademora
Tradución: Xosé Ballesteros
–Cantos meses ten un ano?
–Doce meses, queres máis?
–Eu quixera ter os doce
e outro máis para descansar.
O tempo é a materia prima da que estamos feitos: segundos, minutos, horas, días, semanas, meses, anos... Este libro ofrece outra ollada alternativa sobre esa medida e dános a posibilidade de coñecer outra caste de reloxos: “eses onde nunca se sabe que hora é”, en palabras de Álvaro Magalhães. Afeitos a preguntar pola hora, este álbum propón todo o contrario: preguntar que hora non é.
Os divertidos versos desta historia rimada son unha invitación a reflexionar sobre as présas que invaden o noso ritmo de vida cotiá. As imaxes do libro, que aportan moito dinamismo, son elaboradas siluetas de papel recurtado cuxas formas contrastan coa cor de fondo: as agullas dos reloxos adquiren vida propia e camúflanse en sorprendentes obxectos.





