Inicio > Libros > Infantil > O Quiquiriquí - Cantos para o nadal
Dispoñibilidade: Suxeito a dispoņibilidade
Ano: 2006
Formato: Libro+CD+DVD
Nº de páxinas: 64
Idioma: Galego
Código de barras: 9788461134922
ISBN: 978-84-611-3492-3
Ref.: VG1045-2006
O Quiquiriquí - Cantos para o nadal
Editora: Pai Música
"O quiquiriquí. Cantos para o Nadal" é un traballo co-producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e os estudios Casa de Tolos. Trátase dun documento audiovisual onde se reflicten distintos eidos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galiza. Ten un evidente interese docente e está principalmente dirixido a alumnos de ensino primario.
Producido artísticamente por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, "O Quiquiriquí" inclúe un libro de 64 páxinas, con fotos e textos dos diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal; un CD de 12 cancións tradicionais interpretadas por músicos e artistas do actual panorama musical galego, acompañado dunha pista interactiva con letras, partituras e xogos instructivos musicais; ademais un DVD co "making of", un documental e un videoclip promocional.





