Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O misterio das badaladas

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 135
Idioma: Galego
Código de barras: 9788499142074
ISBN: 978-84-9914-207-4

O misterio das badaladas

Xabier P. Docampo

Ilustración: Xosé Cobas
Editora: Edicións Xerais

11,50€

A partir de 11 anos

O primeiro best-seller da literatura infantil galega

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.