Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O meu gato é un poeta

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 72
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9914-211-1

O meu gato é un poeta

Fran Alonso

Editora: Edicións Xerais
Participan: Xurxo Souto

12,00€

De 8 anos en diante

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.

O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. 

Escoita un dos temas do CD aquí !