Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O home do saco

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Código de barras: 9788492630677
ISBN: 978-84-92630-67-7

O home do saco

Enric Lluch

Ilustración: Miguel Ángel Díez
Editora: Baía Edicións
Colección: O baúl dos monstros

6,50€

A partir de 6 anos

O oficio de home do saco xa non é o que era. Nin o aspecto desaliñado nin a cara de malo son suficientes para asustar os nenos revoltosos de máis. E por riba están demasiado fracuchos para comelos!

O home do saco pertence a colección O Baúl dos Monstros, que está integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch.
Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo.
A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos.
Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión.