Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Mefi, Sata e Demi

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 48
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484647621
ISBN: 978-84-8464-762-1

Mefi, Sata e Demi

Mercedes Neuschäfer-carlón

Ilustración: Dani Torrent
Editora: Kalandraka
Tradución: Ramón Nicolás

13,00€

A partir de 7 anos

No centro dunha fraga de enormes e antigas árbores, alzábase un castelo tebroso. O seu dono, o conde Similoff, un estraño e  aveso personaxe, vivía alí cos seus fillos: Mefi, Sata e Demi, tres verdadeiras criaturas infernais. Tiñan os pelos enguedellados, as duras orellas rematadas en punta e as unllas dos pés e das mans tan longas e fortes como poutas dunha ave de rapiña. Ningún criado puidera resistir no castelo máis duns poucos meses...

           

Malvados, consentidos e indisciplinados, Mefi, Sata e Demi son o tormento de mestres e serventes. Cando o conde decide volver casar, a chegada das tres fillas da súa nova muller, Bianca, Bela e Angui, tan aparentemente doces, limpas e ben educadas, fará que estes tres irmáns por fin atopen a forma do seu zapato e tomen da súa propia menciña. Porque ata as criaturas máis anxelicais se poden converter no peor pesadelo.