Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Conto para non comer

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2005
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788482888637
ISBN: 978-84-8288-863-7

Conto para non comer

Xosé Manuel González "Oli"

Ilustración: Andrés Meixide
Editora: Editorial Galaxia

9,30€

Enfocado para os "duros da casa" que comezan a aventura de ler.

Incluído na lista de White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional de Múnic.

¿Que conseguiron os pais e os avós do Antón cando tentaron que bebese a cunca do leite quente?

Antón non quería comer. Pensaba que a cunca do leite era un mar branco cheo de néboa quente que lle subía polo nariz. Sentía que naquel momento viña Pedro O Chosco para pecharlle os ollos lentamente. Antón pediu que lle trouxeran o seu can, que lle fixeran un barco con miga de pan, que lle trouxeran un vento para botar fóra toda a néboa, que lle enviasen un rabaño de ovelliñas..., pero Antón seguía sen ter fame e non quería comer, cada vez tiña máis sono.

Ninguén conseguiu que Antón tomase o seu leite, pero si conseguiron outra cousa ben diferente.