Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Chamádeme Simbad

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 184
Idioma: Galego
Código de barras: 9788498651478
ISBN: 978-84-9865-147-8

Chamádeme Simbad

Francisco Castro

Editora: Editorial Galaxia

11,50€

Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.

O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.

As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar.

Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.