Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Características: cartoné 25x23 cm
Código de barras: 9788498712186
ISBN: 978-84-9871-218-6
Cando non atopas a túa casa
Ilustración: Joanna Concejo
Editora: OQO
Tradución: Paco Liván
Idade recomendada: de 3 a 7 anos
En Cando non atopas a túa casa, Paloma Sánchez volve a mirada á esencia temática dos contos tradicionais, pero sen renunciar a un enfoque moderno e transgresor.
A historia comeza dun xeito xa clásico dentro da literatura infantil e xuvenil de todos os tempos: con alguén que se perde no bosque durante a noite. Mais axiña se afasta das convencións do xénero.
Fronte á terceira persoa ou a primeira, as máis habituais, a autora aposta por unha narración en segunda persoa. Asemade mantén sempre a ambigüidade con respecto ao protagonista, do que non sabemos se é un neno ou unha nena. Quizais porque na realidade ese «ti» fai referencia a outro protagonista, ao propio lector.





