Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Caixa de cartón

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 40
Idioma: Galego
Características: cartoné 24x30 cm
Código de barras: 9788498712148
ISBN: 978-84-9871-214-8

Caixa de cartón

Txabi Arnal

Ilustración: Hassan Amekan
Editora: OQO
Tradución: Maria Luisa Nuñez Álvarez

20,00€

Caixa de cartón, do autor biscaíño Txabi Arnal, é unha obra coa que dá continuidade ao proxecto editorial iniciado en 2008 e que pretende reservar un espazo do catálogo para algúns temas pouco habituais na literatura infantil e xuvenil, coma por exemplo, a guerra, as desigualdades sociais ou a existencia de réximes antidemocráticos.

Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia.