Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Artur

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 26
Idioma: Galego
Código de barras: 9788415250111
ISBN: 978-84-15250-11-1

Artur

Xosé Manuel González "Oli"

Ilustración: Marc Taeger
Editora: Faktoría K de Libros

10,00€

Para pre-lectores e primeiros lectores

O pito Artur estaba incómodo dentro do seu ovo. Medrara tanto que aquel cuarto se lle facía pequeno...

                                                 
Dentro da casca, Artur sentíase a salvo, pero estaba moi apretado. Xa non cabía naquel cálido cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír de alí. Descubriu entón que habitaba unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido que se abría ante os seus ollos sorprendidos e curiosos.

                                                   

"Artur" é un libro que aborda a fraxilidade dos recén nacidos: que senten, cal é a súa impresión inicial do contorno ao que chegan, os seus temores e inseguridades. Reflicte tamén a tenrura e o instinto de protección que suscita nos lectores adultos a figura do protagonista, indefenso ante canto o rodea e ao que lle agarda un longo proceso de aprendizaxe.