Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de A voda do galo Pinto

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 40
Idioma: Galego
Características: Cartoné 25x23
Código de barras: 9788498712223
ISBN: 978-84-9871-222-3

A voda do galo Pinto

Juan Alfonso Belmontes

Ilustración: Natalie Pudalov
Editora: OQO
Tradución: Maria Luisa Nuñez Álvarez

12,90€

Idade recomendada: de 3 a 7 anos

Galo Pinto quería engaiolar a Xiana e a vaca Gallarda fixo de casamenteira. No curral, nada máis saberse a noticia, andaban todos ás carreiras: as pitas poñían ovos para facer unha torta, Gallarda preparou a nata, as cabras colleron amoras das silveiras, os porcos apañaron flores, e un coro de ovellas ensaiaba cancións de voda.

Unha voda sempre é motivo de alegría, por iso todos na granxa estaban tan contentos, todos menos a raposa da matogueira. A ela comíana os demos! Como podía casar a súa nena de prata cun galo tan fachendoso! É que non se decataba de que ao Galo Pinto só lle preocupaba lucirse no casamento? E por riba de vaidoso, interesado! Todo o día a preguntarlles aos convidados polos regalos!

O autor do novo álbum da Colección O de OQO editora é Juan Alfonso Belmontes, quen a partir dos encontros e desencontros dos tres personaxes principais (o Galo Pinto, Xiana e a raposa da matogueira) vai tecendo unha singular historia de amor na que tampouco faltan os celos, as penas, os enganos ou a cobiza… Con estes ingredientes a emoción está garantida, e entre enredo e enredo o autor convídanos a que reflexionemos con el sobre os sentimentos.

A ilustradora de tan soada voda é Natalie Pudalov, unha artista nada en Rusia pero que vive en Israel desde moi nova. Alí foi onde realizou os seus estudos de arte e deseño gráfico e ao finalizalos trasladouse a Alemaña para estudar ilustración.