Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2009
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 64
Idioma: Galego
Características: cartoné | 13x19 cm
Código de barras: 9788498712599
ISBN: 978-84-9871-259-9
A nena e o grilo
Ilustración: Iván Prieto
Editora: OQO
Colección: Q Son
Participan: Guadi Galego, Ugia Pedreira, Uxía, Guillermo Fernández
Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos. A nena e o grilo é o novo libro-CD que agora ve a luz dentro da colección máis musical de OQO editora, Q son. Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magín Blanco se encarga de encaixar todas as pezas.





