Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de A caixa dos recordos

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 40
Idioma: Galego
Características: cartoné 25x23 cm + 5 anos
Código de barras: 9788498710762
ISBN: 978-84-9871-076-2

A caixa dos recordos

Anna Castagnoli

Ilustración: Isabelle Arsenault
Editora: OQO
Tradución: Marisa Núñez

12,90€

Era unha caixa cunha estrela rota:
Non valía moito

O valor dun obxecto reside na carga afectiva que lle atribuímos. Por estes motivos, ao longo do tempo os lazos emocionais que nos atan a eles adoitan variar e o que criamos que non valía gran cousa acaba converténdose en precioso, tal e como lle sucede á nena protagonista desta historia de Anna Castagnoli e Isabelle Arsenault.

A caixa dos recordos fainos partícipes desta pequena, pero importante, aprendizaxe vital que dura toda a vida. A narración directa e sinxela en primeira persoa coa que Anna Castagnoli dá voz á protagonista, trasládanos á infancia e á constante renovación de ilusións que se producen nesta etapa.

A prosa poética da autora italiana contaxia o optimismo, a sensibilidade e a xenerosidade da protagonista ante outra aprendizaxe: nada nin ninguén nos pertence e hai que saber deixar ir.