Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de 13 Lúas

Dispoñibilidade: Suxeito a dispoņibilidade

Ano: 2009
Formato: Libro+CD+DVD
Nº de páxinas: 64
Idioma: Galego
Código de barras: 9788461297382
ISBN: 978-84-612-9738-2
Ref.: AGG 001

13 Lúas

VV.AA.

Editora: Asociación de Gaiteiros Galegos

17,99€

A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome Trece Lúas. Unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Tamén unha proposta didáctica. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”), trátase dun material que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.