Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 71
Idioma: Galego
Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro
Editora: Edicións Laiovento
Participan: Lois Pereiro
Na súa curta obra, Lois Pereiro achegou á poesía galega unha estética moi persoal, cunha carga de ironía, melancolía e convencida tanxencialidade, no gume do marxinal, expresada cunha enorme sensibilidade, desde un discurso poético esencialmente reflexivo.
Con frecuencia tense aludido á súa obra como saída do centro da cultura urbana, mais preferimos pensar que Lois Pereiro estaba á marxe destes parámetros. A súa obra non acepta os lindes do urbano nin do supostamente rural, que non deixan de ser referencias concretas e limitadoras.
Pensamos na linguaxe como eixo central na obra de Pereiro. O poema expresa ou mostra a ferida, o sangue, as feridas do subconsciente, da sombra, mais tamén do sufrimento físico, máis consciente, máis evidente. Especialmente nos poemas do seu último libro, esa cartografía da dor.
A dor está tamén no acto da escrita. E isto aproxímao a Rosalía, na liña máis autorreflexiva sobre a condición e a traxedia da escrita, transgresora e fatal, ambos os dous poetas en conflito e íntimos tormentos.





