Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2005
Nº de páxinas: 168
Idioma: Galego
Código de barras: 9788482888040
ISBN: 978-84-8288-804-0
Outro idioma é posible
Editora: Editorial Galaxia
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004
O subtítulo do libro, "Na procura dunha lingua para a humanidade", xa anuncia o obxectivo deste ensaio: a proposta dunha lingua artificial que favoreza os intercambios culturais sen perxudicar a lingua propia de cada comunidade e sen minguar o respecto por todas as culturas do mundo.
Nos últimos anos, o sensible incremento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento reclaman unha lingua que supere as barreiras entre comunidades, máis ata hoxe ningunha institución con competecias mundiais se pronunciou sobre cal debe ser esa lingua que se usará nos contactos internacionais. Outro idioma é posible pretende chamar a atención sobre o feito de que en todo o mundo se impón acriticamente o inglés, colocándose nunha situación de privilexio.
Teresa Moure salienta no seu ensaio que as dificultades para a comunicación poden salvarse con mecanismos que non respondas aos intereses ideolóxicos da globalización e o pensamento único. O máis orixinal deles, e tamén o máis silenciado, consiste no uso dunha lingua artificial, construída deliberadamente para a comunicación internacional. Esa é a única posición ética en materia lingüística: o compromiso coa lingua propia de cada comunidade e o respecto cara a todas as culturas do mundo. Dese xeito garántese a pervivencia das pequenas linguas do mundo, hoxe ameazadas pola uniformidade dominante.





