Inicio > Libros > Ensaio > O manifesto Cluetrain
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Nº de páxinas: 30
Idioma: Galego
Código de barras: 9788493757977
ISBN: 978-84-937579-7-7
O manifesto Cluetrain
Editora: 2.0 Editora
Tradución: Samuel Lema
Rick Levine, Christopher Locke, Doc Searls e David Weinberger
O Manifesto Cluetrain propón os cambios necesarios para que as organizacións respondan a un novo ambiente social e económico provocado, en parte, pola tecnoloxía e as novas redes de comunicación global. Nesta nova conxuntura os clientes non admiten a publicidade tradicional e unidireccional, senón que buscan a interacción con aquelas entidades provedoras de produtos e servizos para compartir experiencias e opinións na rede.
Levine, Locke, Searls e Weinberger redactan O Manifesto Cluetrain no ano 1999 coa intención de fornecer ferramentas precisas para mellorar a interpretación e optimizar o aproveitamento das conversas nos novos contornos de comunicación. Aínda que se publicou por primeira vez no ano 2000, as 95 conclusións expostas nel non só seguen a ter vixencia na actualidade, senón que continúan a ser unha chamada á acción para todas as organizacións que operan nos actuais espazos económicos e organizativos xerados pola internet.
O Manifesto Cluetrain converteuse no libro de cabeceira de moitos directivos por ser unha fonte de ideas e suxestións prácticas para saber como actuar ante o reto dun cambio permanente no mundo empresarial, producido como consecuencia da irrupción das novas tecnoloxías sociais.





