Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Galeguismo e liberdade

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 160
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-938184-6-3

Galeguismo e liberdade

Carlos Vázquez Padín

Editora: 2.0 Editora

15,00€

Este é un libro inconformista, quizais incómodo, no que o seu autor aborda sen complexos moitos dos defectos dun sistema político que entende danado. E nel formula, sen ambaxes e cun estilo directo, as súas propostas como cidadán. Carlos Vázquez Padín esboza neste "Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI" unha radiografía da política galega dende unha óptica propositiva e alicerzada en dúas frontes: unha atrevida orientación do galeguismo e unha aposta polo liberalismo como resposta válida a moitos dos problemas do país.

«Os textos teñen carácter descritivo e propositivo, as temáticas son moi concretas e o enfoque práctico e divulgativo. Agardo que aproveitedes a lectura.» Dinos o autor.